A folga das traballadoras externas do SAF de Carballo podería provocar alteracións no servizo

Aínda que esta folga está motivada por conflitos laborais alleos ao Concello, dende Servizos Sociais emitiron un comunicado informando de que á folga indefinida das traballadoras externas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), convocada por parte dunha organización sindical a partir do vindeiro día 2 de novembro, a atención que prestan ás persoas usuarias do servizo de axuda no fogar podería verse afectada como consecuencia da mesma e por causas alleas á propia Administración.
Dende o Concello de Carballo, establecerán uns servizos mínimos, para que se poida garantir unha calidade mínima na prestación do servizo ás usuarias e usuarios máis vulnerables, agardando que se poidan cumprir ou, cando menos, que os servizos prestados se vexan afectados o menos posible por esta folga.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha