A folga paraliza o transporte de viaxeiros en Galicia

1 minutes read

Os sindicatos cifran en máis dun 85 por cento o seguimento da folga convocada no sector do tranporte de viaxeiros. O paro deixou as estacións de autobuses completamente paralizadas nalgúns momentos do día. Especialmente nas provincias de Lugo e da Coruña, onde menos se cumpriron os servizos mínimos. Houbo rutas de longo percorrido sen ningún servizo.

O sector do transporte por estrada realizou este venres protestas nas sete cidades galegas no contexto da xornada de folga pola súa perda de poder adquisitivo, as súas “nefastas” condicións laborais e o “lamentábel” estado das frotas de autobuses. O paro dos traballadores e traballadoras paralizou o país nunha xornada na que tamén houbo atrasos masivos no ferrocarril.

Santos Sánchez, de CCOO, di: “Nas catro provincias, nas cidades máis importantes, podemos falar dun seguimento superior ao 85%. E sen incidentes de ningún tipo.”Os viaxeiros notaron a folga durante todo o día.

A folga convocárona os sindicatos Comisións Obreiras, UXT e CIG, para reclamar melloras laborais e salariais para o sector do transporte colectivo por estrada. Un servizo esencial, que, denuncian os sindicatos, ten unhas condicións laborais precarias.

“Os condutores e condutoras de autobuses teñen que estar ben valorados e ben pagados. Hai que ser conscientes de que levan moitos pasaxeiros e teñen que ter unhas condicións de traballo máis dignas”, di Martín Martínez, de UXT.

Reclaman que se renoven os convenios colectivos das catro provincias, que levan paralizados dous anos. E que se actualicen os salarios.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?