A foto viral que mostra como se derrite Groenlandia

Derechos de autor Stefeen M. Olsen - Euronews

A foto de portada deste artigo está a dar a volta ao mundo, e non é para menos. O climatólogo Stefeen M. Olsen fixo esta fotografía o pasado día 13 de xuño durante unha misión rutineira no noroeste de Groenlandia. O seu obxectivo era recuperar os aparellos de medición que plantaran no xeo para a misión Blue Action, pero atopouse con outra paisaxe: sobre o xeo había unha espesa capa de auga.

A foto, que foi compartida polo científico Rasmus Tonboe, volveuse viral e mostra a rapidez coa que se está derretindo o Ártico.

Olsen subliñou que a foto está tomada sobre o mar xeado, non no xeo Continental, e tamén explicou que as comunidades de habitantes de Groenlandia dependen do xeo para o transporte, a caza e a pesca. «Os episodios extremos como esta inundación do xeo por un abrupto derretimento da superficie son unha chamada para mellorar as capacidades de pronosticar os cambios no Ártico».

Con todo, os expertos explican que o fenómeno se debe a que a capa de xeo é moi grosa e sen gretas que permitan evacuar a gran cantidade de auga que se acumulou nas últimas semanas de calor extrema (17,3º C).

A maioría dos científicos que estudan esta rexión están alarmados polo que poida ocorrer este verán, pero tamén son conscientes de que o clima de Groenlandia é moi variable. Por tanto, só queda tomar conciencia e esperar.