A fragata Méndez Núñez retorna a Ferrol por dous positivos en covid

0 minutes read

O Ministerio de Defensa anunciou o retorno da fragata Méndez Núñez á súa base do Arsenal Militar de Ferrol tras a detección de dous positivos por covid-19 na súa dotación. Nun comunicado sinalaron que os casos rexistrados detectáronse grazas aos tests que realizan entre os compoñentes da expedición. Destacaron que se procedeu ao desembarco, illamento e seguimento médico. O barco atopábase na base naval de Rota, Cádiz, realizando exercicios previos á súa integración nunha agrupación naval da OTAN.