O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este luns da vicepresidenta primeira da Fundación, Flora Pérez, as chaves da que será a novena escola infantil municipal, construída pola entidade nunha parcela municipal en Bembrive e doada ao Concello para a súa xestión.
Guiados pola arquitecta encargada do proxecto, o rexedor vigués e os máximos responsables da Fundación Amancio Ortega fixeron un percorrido polo edificio, que dará cabida a 82 nenos e nenas de cero a tres anos.
En declaracións á saída do recinto, Abel Caballero valorou o “xesto” coa cidade e o deseño “excepcional” da escola, con “moita luminosidade e chea de espazo” e eloxiou o modelo: “Creo que é unha magnífica forma de colaboración desde o privado co ámbito público”.