A Fundación Arume recibe a visita e o apoio de Ana Pontón

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, definiu ao sector forestal como «clave» desde o punto de vista do reequilibrio territorial e e puntualizou que «serve para darlle un futuro ao medio rural, conformado polo 90% dos concellos galegos».

Así, insistiu en «o enorme potencial que ten Galicia nos seus montes e no ámbito forestal». Deste xeito, resaltou que a produción forestal supón «o 1,8% de Produto Interior Bruto (PIB)» e «case 3.800 empresas e 24.00 empregos directos».

Pontón, que se reuniu este xoves co presidente da Fundación Arume en Santiago, José Carballo, destacou que o seu traballo «que parte de unir o sector a través de elementos relevantes para toda a cadea de valor».

Nesta liña, Pontón apuntou á «relevancia» do sector e a necesidade de contar cun monte «ordenado e multifuncional, no que os diferentes ámbitos produtivos sexan clave».

Deste xeito, instou a que haxa un gran debate sobre o futuro do monte galego e subliñou que hai que apostar por madeiras de calidade . Así, convidou a aproveitar «a oportunidade de futuro que supón a bioeconomía, a través da introdución de novos materiais».

A líder do BNG indicou que «hai que poñer en marcha cambios estruturais que permitan unha mellor conservación do patrimonio», así como que sirvan, desde o punto de viste económico, como «unha oportunidade para recuperar o medio rural».