Este venres inaugurouse a exposición Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional na Fundación Camilo José Cela, a nova proposta coa que a Fundación retoma a actividade expositiva que tivo que ser paralizada pola situación sanitaria. A exposición concíbese na antesala do Xacobeo 2021 e nela participan 12 artistas que a través das súas obras fan unha referencia simbólica á novela La colmena -que en primeira instancia concibiuse como a primeira parte dunha triloxía baixo o título Caminos inciertos- e interactúan cos espazos expositivos en alegoría á actual situación.