A Fundación EDP concede tres bolsas a estudantes de Ponteceso por un total de 3.500 euros

1 minutes read
  • Estas axudas van dirixidas á escolares que contan con boas cualificacións académicas e que pertenzan a familias con baixos recursos económicos

Tres estudantes do concello de Ponteceso benefícianse este curso das bolsas de estudos convocadas pola Fundación EDP, pertencente á empresa de enerxía eólica EDP Renováveis. O alcalde do municipio, Lois García Carballido, foi o encargado de facer entrega a Blanca Vidente Vidal, Carlota Rodríguez Bugallo e Ana Villar Pailos dos cheques por importe de 500 euros (primaria), 1.000 (bacharelato) e 2.000 euros (estudos universitarios) que lles foron outorgados tras unha minuciosa selección entre todas as candidaturas presentadas.

Esta iniciativa, enmarcada no proxecto Green Education, consiste na dotación de bolsas de estudo para escolares que conten con boas cualificacións académicas e pertenzan a familias con baixos recursos económicos, ademais de ser residentes nos municipios nos que a compañía estea presente.