A Fundación Eduardo Pondal contará co apoio da Xunta para recuperar oficios tradicionais

1 minutes read

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo este venres coas dez persoas que participan na proposta de voluntariado interxeracional que está a desenvolver a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso. Esta fundación é unha da veintena de entidades de acción voluntaria e locais que forman parte da que é a primeira edición deste novidoso programa co que o Goberno galego quere favorecer a formación e o intercambio de coñecementos entre a xente maior e a mocidade. 

O proxecto que está a levar a cabo a Fundación Eduardo Pondal leva por título ‘Os tempos son chegados. O teu talento, o meu futuro’ e ten como finalidade impulsar novas iniciativas de emprendemento no rural coa recuperación de oficios tradicionais. Neste sentido, Cristina Pichel destacou que a finalidade deste e de todos os proxectos que se están a executar ao abeiro deste programa de voluntariado interxeracional é abrir novas oportunidades de futuro e perspectivas laborais para a xuventude. 

A directora xeral tamén apuntou que esta proposta da Xunta permite conxugar o talento e a experiencia das persoas maiores coas inquedanzas e curiosidades da mocidade. Trátase de que as  persoas de máis de 55 anos compartan o seu coñecemento en ámbitos como a recuperación de oficios, a produción agroalimentaria, a posta en valor do patrimonio e o turismo con mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Estes poderán devolver este coñecemento achegando á xente maior coñecementos en modelos dixitais e tecnolóxicos, entre outros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?