A Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso Premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural

1 minutes read

O acto de entrega da décima edición dos Premios Agader reuniu este venres en Boqueixón os representantes das oito iniciativas galardoadas pola súa especial contribución ao desenvolvemento rural. O presidente da Xunta entregou o premios a Corazón de Orballo -granxa escola musical-, á Fundación Eduardo Pondal, ao Xeoparque Courel, a SAT A Pementeira, a Gráficas Salnés, a Polyesteres Bidasoa -pola incorporación de mulleres do rural á industria-, a Amarelante -pola loita contra o abandono e a prol da mobilidade de terras agrarias- e ao programa de apoio integral familiar da Asociación Carabelo. Feijóo afirmou que a fundación Eduardo Pondal de Ponteceso «ensínanos o enorme potencial do patrimonio material e inmaterial de Galicia». No acto estiveron presentes o presidente da Fundación e alcalde, Lois García Carballido, e o xerente da Fundación, Xosé María Varela.

O presidente da Xunta felicitou os premiados e salientou a importancia do rural no desenvolvemento do país. «Cos números na man e desde o punto de vista produtivo, nunca tanto leite, tanta carne, madeira e viño produciu Galicia. E a potencialidade do sector agrogandeiro en Galicia non está máis ca comenzando».

Cada unha das iniciativas premiadas recibirá 10.000 euros que deberá reinvestir no proxecto galardoado.