A alcaldesa e presidenta da Fundación Emalcsa, Inés Rey, e o director xeral de Vegalsa, Joaquín González Iglesias, asinaron un convenio do Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa con Vegalsa, baixo o nome “Cultura Accesible e Inclusiva”. Ao acto de sinatura do contrato tamén asistiron a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, o director da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar, e a directora de Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa, Gabriela González.
A través deste programa, cuxo orzamento previsto para os exercicios 2021 e 2022 ascende a 300.000 €, preténdese lograr a igualdade de oportunidades no acceso á cultura na cidade da Coruña, así como romper as barreiras, especialmente das persoas con discapacidade, para a plena participación da cidadanía nestas actividades.