A futura Lei de igualdade loitará contra a discriminación da muller no traballo

1 minutes read

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, destacou que a futura Lei de igualdade regulará como novidade a sustentabilidade social empresarial, co gallo de que as empresas favorezan a igualdade de oportunidades entre o persoal traballador con independencia do seu xénero. Así o dixo na clausura do XVIII Curso de Verán Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0: Violencias – Machosfera – Consentimento – Coeducación, que tivo lugar desde o pasado martes en Lalín. O anteproxecto situará a Galicia á vangarda ao regular a sustentabilidade social empresarial, “para a creación de equipos diversos, multidisciplinares, mellorando a súa competitividade e benestar laboral e converténdose en polos de atracción e retención do talento”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?