O Concello de Cabana conmemorou na tarde deste venres a súa Gala de Nadal reunindo no pavillón municipal a centos de asistentes para gozar das diferentes exhibicións deportivas levadas a cabo.
Fútbol sala biberón e feminino, baloncesto, ximnasia rítmica, aeróbic e patinaxe artística foron as diferentes modalidades coas que os deportistas locais agasallaron a todas as persoas congregadas na instalación deportiva.
Con esta actividade, o Concello de Cabana de Bergantiños dálle continuidade á súa programación para dinamizar a actividade cultural e deportiva nestas datas de Nadal. O alcalde, José Muiño, indicou que “é un enorme orgullo ver o gran facer dos nosos deportistas locais e sobre todo que o deporte segue a ser un dos grandes activos, e atractivos, dos que dispón Cabana”.