- #7AnosStoupando é a exposición que trae de novo a selección dalgunhas das pezas artísticas e artesanais máis interesantes da comarca.
A galería e tenda ceense Stoupa presenta unha nova exposición multiartística nun proxecto que se erixe como único na zona. Dende os artistas máis cercanos ata algunhas peronalidades invitadas, a exposición busca visibilizar, como vén sendo habitual durante estes sete anos, o traballo de artistas locais ou daqueles que están relacionados coa nosa contorna.
Pobran pois, as paredes de Stoupa, os traballos en collage de Soutullo, as formas volumétricas de Josecho ou as libres pinturas expresivas de XMÑ. Contará tamén cos bronces e cerámicas artesanais de Oscar Aldonza e Columba Bello como artistas invitados que completan e dotan de dinamismo e movemento especial o resto da exposición. As obras de todos eles poderán visitarse libremente dende o 14 de xullo ata 15 de setembro, no horario habitual de Stoupa.
A mostra colectiva compreméntase cas cerámicas artesanais, cas cartografías dos pecios de Pepe de Olegario e obxetos variados dos artistas habitualmente colaboradores, que mesturan tradición e innovación, e abogan pola sensibilidade artística e a conciencia dunha zona cargada de historia, tradición e calidade, e que segue a agochar tesouros listos para ser apreciados e comprados.