A Galicia Design Weekend converterá Vigo na capital do deseño do noroeste peninsular


A Galicia Design Weekend, trátase dun festival pioneiro que recalará o vindeiro 1 de outubro na cidade. O evento conta co apoio do programa “O Teu Xacobeo” e ofrecerá conferencias, exposición e obradoiros totalmente gratuítos. 

As conferencias serán a cargo de Noemí Díaz Patiño, fotógrafa e directora de arte viguesa afincada en Braga, onde traballa para a plataforma Farfetch; de RVR, estudio de arquitectura santiagués formado por Alberto Redondo, José Valladares e Marcial Rodríguez, autores da adecuación da contorna do faro de Fisterra ou o Museo do Pobo Galego.

Nas charlas tamén estarán presentes María Fandiño, arquitecta nada en Vigo con múltiples premios, como a súa Explanada do Horizonte ou o Premio Nacional de Arquitectura do CSCAE na categoría de Sostenibilidade e Saúde; polo estudio bilbaino Cuchillo, con clientes como Jägermeister, Matadero Madrid, BBK Live ou o Goberno Vasco, e polo estudio vigués Chachacha, especializado en ilustración, branding e motion graphics.

Ademais, haberá exposicións e instalacións como “Error Design”, unha mostra dos traballos de deseño musical da axencia catalá na Galaría Maraca (o sábado 1 ao domingo 30 de outubro); “#novodeseñogalego”, co mellor talento emerxente galego sobre unha instalación do estudo de arquitectura galego Flu-or na rúa do Príncipe e “Arquitectura do Camiño”, exposición da mellor arquitectura do século XXI a lo longo do Camiño de Santiago, comisariada e diseñada polo estudio vigués Castroferro na sede do COAG en Vigo.