A Galiña Azul de Ponteceso dispón de 14 prazas repartidas en varias aulas

1 minutes read
  • Neste momento son 38 os usuarios deste servizo, a maioría repartidos entre as aulas de 1 a 2 anos e de 3 a 4

A escola infantil A Galiña Azul de Ponteceso, situada na Avenida de Bergantiños, conta actualmente con 14 prazas libres nas súas catro aulas. En concreto hai 2 prazas de 0 a 1 ano, 6 nun primeiro grupo de 1 a 2 anos e outras 2 prazas para un segundo grupo, e tamén 4 prazas na aula de 2 a 3 anos. A maiores, en cada unha das catro aulas hai unha praza reservada «por se houbese algún caso de emerxencia social», sinalan desde o Concello.

Neste momento son 38 os usuarios deste servizo, dependente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a maioría repartidos entre as aulas de 1 a 2 anos (11) e de 3 a 4 (15). Máis información chamando ao 981 714 190 ou neste enlace.