A Garda Civil accede ao interior do narcosubmarino e requisa 152 fardos con 3.000 quilos de cocaína

Guardia Civil

  • Hai dúas persoas de nacionalidade ecuatoriana detidas e búscase a unha terceira

A Garda Civil, a Policía Nacional e a Axencia Tributaria xa reflotaron o submarino interceptado o pasado sábado a escasas millas da praia de Hío, na comarca do Morrazo (Pontevedra).

Os axentes requisaron un total de 152 fardos que contiñan 3.000 quilos de cocaína de gran pureza.

Trátase do primeiro “narcosubmarino” detectado no continente europeo. Na operación foron detidas dúas persoas -de nacionalidade ecuatoriana- e hai unha terceira fuxida cuxo paradoiro aínda se descoñece.

As investigacións comezaron cando o Centro de Análise e Operacións Marítimas en materia de Narcotráfico (MAOC) alertou ao Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO), sobre unha embarcación sospeitosa que se dirixiría a España polo Atlántico cargada de cocaína. Nesta primeira fase, a colaboración cos corpos policiais de Reino Unido foi fundamental para a posterior interceptación do submarino. Na operación tamén participaron policías de Portugal, Estados Unidos e Brasil.

Desde ese momento despregouse un dispositivo de detección e localización con medios aeronavais da Coruña e Pontevedra, e reforzouse a presenza policial en toda a zona de costa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha