- Denuncialo de inmediato e gravar a conversación son algunhas das recomendacións da Garda Civil
As autoridades alertan sobre unha nova onda de secuestros virtuais que se detectaron nas últimas semanas. Este delito consiste en extorsionar a unha persoa por teléfono simulando ter secuestrado a un familiar e esixindo un pago inmediato de diñeiro para poñelo en liberdade. As cantidades reclamadas oscilan entre os 2.000 e os 10.000 euros.
Polo momento, detectaron esta nova onda de extorsións na provincia de Madrid, aínda que os investigadores continúan analizando as chamadas denunciadas.
Os delincuentes, para aumentar a angustia da familia e conseguir máis rapidamente o rescate, finxen a voz da persoa que din ter secuestrada, os seus berros de auxilio, etc., solicitando o rescate para a súa liberación a través de empresas de envío de diñeiro.
Decálogo de comportamento ante chamadas de extorsión relacionadas co secuestro virtual.