42
A Garda Civil de Camariñas acudiu ao IES Pedra da Aguia da localidade para recoller un ordenador para un neno que necesitaba continuar as súas clases. A petición realizouna a nai do menor porque estaban a 10 quilómetros e non tiñan forma de desprazarse polo Estado de Alarma. Cando a Garda Civil chegou ao centro, foi informada de que 5 nenos máis necesitaban o seu material didáctico, polo que tamén se prestou a facer a entrega de igual modo.