Os feitos ocorreron cando efectivos da Garda Civil realizaron o control e inspección dos almacéns situados na lonxa da Coruña, no marco da campaña «Caballa 2019».
No transcurso dos mesmos, localizaron dous almacéns que contiñan a mercancía aprehendida, que carecía do etiquetado esixido e de datos que puidesen garantir a súa trazabilidade, incautando no primeiro deles unha cantidade de 3.161 quilos e 1.829 quilos no segundo. Por todo iso, procedeuse a confeccionar a correspondente denuncia.
A xarda aprehendida foi entregada ao Banco de Alimentos Rías Altas.