A Garda Civil aprehende máis de dous mil quilos de sardiñas

0 minutes read

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña, aprehendeu 2.167,7 quilos de sardiña por exceso de capturas na localidade de Portosín.

Os feitos ocorreron durante un control das capturas de sardiña, dentro da campaña da mesma. Os gardas localizaron unha embarcación no porto con 1.745,5 quilos de exceso de captura, así como un almacén no que había 422 quilos máis.

A sardiña aprehendida foi depositada na lonxa á disposición do banco de alimentos de Santiago.