A Garda Civil comisou 54 Kg de ameixa en Fisterra


A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza de Corcubión comisou 54 Kg de ameixas en Fisterra. Os feitos sucederon cando efectivos da mencionada Unidade, realizaban servizo de prevención do furtivismo na zona de Fisterra, observaron a dous homes saír da auga con ameixa obtida de forma irregular.

A patrulla observou a un mergullador saír da auga con equipo autónomo e portando unha malla con ameixas, Sendo interceptado na praia onde lle retiraron o equipo de mergullo e retornaron as ameixas á zona de extracción. Media hora máis tarde na mesma zona da praia observaron a outro home saíndo da auga con mergullador e unha malla con ameixas, procedendo á aprehensión do equipo utilizado para a extracción ilegal de bivalvos.

Este servizo está relacionado con outros realizados na mesma zona o pasado mes de maio onde a outros furtivos se lle aprehendieron a un 11 Kg e a outro 16Kg de ameixa. O Seprona aprehendeu un total de 54 quilogramos de ameixa que ían ser introducidas no mercado sen contar coas condicións sanitarias esixibles pola lexislación vixente.

Por tales feitos A Garda Civil confeccionou as correspondentes actas-denuncias por supostas infraccións á Lei 06/2009 de Pesca de Galicia e confecciónanse outras denuncias administrativas ao Real Decreto 550/2020 polo que se determinan as condicións de seguridade nas actividades de mergullo.