A Garda Civil comisou unha embarcación, equipamento e 67 kg de percebe en Camariñas

G.C.

O Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña comisou 67 quilogramos de percebe, tres equipos completos de mergullo e unha embarcación de recreo en Camariñas. Os feitos sucederon cando efectivos da mencionada Unidade, no marco dun operativo contra o furtivismo detectaron á embarcación arribar na Praia de Lago onde desembarcan e ocultan as capturas. Dous dos tripulantes posteriormente, descenden no Faro de Villueira, onde descargan nunha furgoneta os equipos de mergullo e os útiles usados nas capturas do percebe. A forza actuante procedeu á recuperación das capturas ocultas, consistentes en dous sacos que contiñan no seu interior 67 Quilogramos de percebe, á inspección do vehículo, localizando no seu interior tres equipos de mergullo e á aprehensión da embarcación utilizada. A Garda Civil confeccionou as pertinentes denuncias por suposta infracción á Lei de Pesca de Galicia, os efectos intervidos foron entregados ao Servizo de Garda Costas de Galicia e oe 67 Kg de percebe foron entregados no Centro benéfico Rias Altas da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha