A Garda Civil auxilia a dous sendeiristas nas Fragas do Eume

A patrulla do Seprona da Garda Civil de Pontedeume rescatou a unha parella de sendeiristas que quedou atrapada na canle de auga da antiga central do Parrote.

A voz de alarma douna un dos dous sendeiristas, quen manifestou que estaban realizando unha ruta nas Fragas do Eume, pero que ao chegar a un tramo de auga déronse conta de que non o podían atravesar xa que un deles non sabía nadar e que tiña medo de que anoitecera.

Por todo iso, a patrulla do Seprona iniciou unha ruta con dirección ao embalse do Eume, podendo localizar a parella ás 3 horas e mollados ata a cintura. Seguidamente, evacuáronos pola parte seca da canle, coa dificultade de que unha dos sendeiristas tiña medo de caer, polo que regresou ata o punto de partida agarrada a un compoñente do Seprona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha