A Garda Civil comisou 225 quilos de cigala fresca no Porto da Coruña


Os feitos sucederon cando efectivos do Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña, no marco dun operativo contra o furtivismo, observaron como dun buque pesqueiro atracado na a instalación, se descargaban directamente a unha furgoneta estacionada nas proximidades 17 sacos de plástico azul pechados con cinta.

Unha vez cargados os sacos a furgoneta iniciou a marcha, estacionando posteriormente na porta dun almacén de venda almacenista, procedendo nese momento a Garda Civil a interceptar o vehículo e comprobar a mercadoría que transportaba, constatando que os sacos contiñan cigala fresca, a cal alcanzou un total de 225,45 quilogramos tras a súa pesada na Lonxa da Coruña. Os gardas civís actuantes realizaron as xestións pertinentes, pescudando no transcurso das mesmas que as cigalas transportadas foran posiblemente capturadas na zona CIEM VIIIc, zona prohibida para a captura desta especie, así como que estas capturas non foran anotadas no DEA da embarcación.

A Garda Civil procedeu ao comiso da mercadoría achada e á confección das correspondentes actas denuncia, 3 por supostas infraccións á Lei 3/2001 de Pesca Marítima do Estado, captura de cigala en zona prohibida, non cumplimentación do DEA e incumprimento da pesada das capturas antes da primeira venda, 2 por supostas infraccións á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia, polo transporte de produtos sen garantir a trazabilidade e a tenencia de especies en veda e 1 por suposta infracción á Lei de Ordenación do Transporte Terrestre por non acreditar a condutor relación laboral coa empresa titular do vehículo.

As cigalas aprehendidas foron entregadas na Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos da Coruña.