A Garda Civil comisou 23 quilos de nécora no porto de Corme

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña cando se atopaba en servizo de vixilancia de costas e portos, observan no porto de Malpica a unha persoa como recollía dous sacos de rede que se achaban fondeados e introducíaos nun camión. Instantes despois inicia a marcha ata chegar ao porto de Corme, onde tras descargar ambos os sacos foi interceptado e identificado, resultando ser un veciño do municipio de Ponteceso de 44 anos de idade.

No interior dos sacos atopáronse un total de 23 kg de nécoras carentes de calquera tipo de documentación que amparase o seu transporte e trazabilidade, procedendo nese momento á aprehensión do marisco por suposta infracción á Lei 11/2008, de Pesca de Galicia, tramitando unha proposta de sanción para a súa remisión á Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña. O marisco incautado, que se achaba con vida, foi reintegrado ao seu medio natural na zona da que foi extraído.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha