O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Comandancia de ACoruña, incautou 4.039 Kg de sardiña no porto de Camariñas, por exceso de capturas. Os feitos ocorreron durante a inspección realizada nun pesqueiro da referida instalación, enmarcada nos controis da campaña de capturas de sardiña.
Os efectivos actuantes, comprobaron que tras manifestar o patrón da embarcación a finalización da descarga, este asentara no diario de pesca, DEA, unha captura de 2.500 Kg desta especie.
A Garda Civil inspeccionou o pesqueiro e localizou escondidas debaixo do aparello, 264 caixas cunha cantidade de 4.134 Kg, o que arroxaba un total de 6.634 Kg, superando os 6.000 Kg, tope semanal de capturas establecido para esta especie.
A forza actuante, comprobou que esta embarcación tiña rexistrada esta semana, outra captura de3.405 Kg, o que supoñía un exceso total de 4.039 Kg. Por todo iso a forza actuante confeccionou as correspondentes denuncias e procedeu á aprehensión do exceso de capturas. As sardiñas incautadas foron entregadas ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela.