A Garda Civil comisou máis de 60 Kg de peixe en Camariñas capturado de forma ilegal

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautou a un veciño de Camariñas 61,75 Kg de peixe capturado de forma ilegal. Os feitos sucederon cando interceptaron na estrada AC-432 (Vimianzo-Camariñas) unha furgoneta con diferentes especies de peixe non achegando o seu ocupante a documentación necesaria para o seu transporte.
Por iso, a Garda Civil acompañou ao condutor da furgoneta ata o Porto da Coruña para proceder a unha inspección máis exhaustiva da mercadoría e á súa pesada, procedendo á incautación de

  • 55,15 Kg de robaliza que eran transportadas sen documento algún que
    garantise a súa precedencia, trazabilidade e identificación. O documento de transporte
    que levaba só amparaba 1 Kg.
  • 4,75 Kg de polbo que era de exceso sobre os 5Kg que amparaba o
    documento de transporte expedido polo pesqueiro.
  • 2,25 Kg de nécora, xa que dos 14,15 Kg de transportaba unicamente 12
    ían amparados por dous documentos do pesqueiro.

Por estes feitos a Garda Civil procedeu ás correspondentes actas denuncias por supostas infraccións á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia. A robaliza e o polbo foron entregados á Asociación Benéfica Padre Rubinos da Coruña, mentres que a nécora que se atopaba con vida foi devolta ao mar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha