A Garda Civil comisou máis de cen quilos de polbo en Camariñas

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña comisou 102 Kg de polbo no porto de Camariñas.
Os feitos sucederon cando efectivos da mencionada Unidade, no marco dun operativo do control da pesqueira do polbo no porto de Camariñas, detectaron a un pesqueiro que unha vez que chegou a terra, introduciu no interior dunha furgoneta catro capachos que sacara do barco, abandonando o porto sen pasar pola lonxa.
As forzas actuantes procederon a dar o alto á furgoneta que fixo caso omiso aos sinais para a súa identificación, ata que a presenza doutro coche lle obrigou a parar. No interior do vehículo observaron os 4 capachos cun total de 102Kg de polbo, dos cales 16 unidades non alcanzaban o peso mínimo regulamentario para a súa captura e carecía de documentación que amparase o seu transporte.
Por estes feitos a Garda Civil procedeu á incautación da totalidade do polbo sendo entregado no centro benéfico Padre Rubinos da Coruña.
Instruíronse as correspondentes actas-denuncias á Ley11/2008 de Pesca de Galicia, (obrigación de pesada de capturas antes de a primeira venda, pola captura e tenencia de especies de peso inferior ao regulamentario, por obstrución á inspección e por transportar produtos de pesca sen a documentación regulamentaria).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha