A Garda Civil da Coruña crea “Servir de verde”, un grupo de voluntariado menos tradicional

Garda Civil A Coruña

  • O grupo está formado por unha vintena de axentes que coñecen as actuacións a través das ideas que se comparten nun grupo de What’sApp

A Comandancia da Garda Civil da Coruña creou “Servir de verde”, un grupo de voluntariado destinado a axudar aos cidadáns dunha forma diferente.

En concreto, unha vintena de axentes da Garda Civil uniranse para realizar visitas ou dar charlas en residencias de maiores, nas plantas infantís de varios hospitais ou á grupos de persoas vulnerables.

A idea xestouse despois da campaña de Nadal, onde a través dunha gran recadación de fondos, os axentes puideron repartir cinco minimotos e dez tablets entre os principais hospitais da provincia. Ao verse animados polos usuarios e por familiares, os axentes decidiron organizarse neste voluntariado. Cabe destacar que as visitas sempre se farán en horas francas de servizo.

O voluntariado organízase a través dun grupo de What´sApp, onde os seus integrantes expoñen unha idea que levan a cabo os gardas destinados na zona máis próxima.

O pasado 24 de decembro tivo lugar a primeira visita nunha residencia para maiores de Pontedeume, onde os alí presentes alegráronse moitísimo da asistencia dos gardas uniformados e gozaron coa ocorrencia dos voluntarios máis pequenos de tan só 4 e 6 anos.

A próxima iniciativa terá lugar na localidade de Brión en época dos Reis Magos.