Axentes da Garda Civil do posto principal de Carballo, procederon este luns á detención de tres veciños da Coruña, por un delito contra a saúde pública (tráfico de drogas) e outro de roubo en interior de vehículo.
Os feitos ocorreron cando o coche no que circulaban foi interceptado durante a realización dunha identificación preventiva de vehículos, e tras un rexistro do mesmo se atopan uns 87 gramos de hachis, repartidos entre a porta do condutor e a consola central, así como a cantidade de 2.630 euros en metálico en billetes de diverso valor.
Na parte posterior do turismo tamén achan un Documento Nacional de Identidade e un Permiso de Conducir a nome dun veciño da Coruña. Tras a realización de xestións localízase ao propietario do Documento Nacional de Identidade e do Permiso de Conducir que sufrira o roubo na localidade herculina.
Tanto as dilixencias como os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Garda de Carballo.