41
Compoñentes da área de Investigación da Garda Civil de Carballo, realizando comprobacións para o cumprimento das medidas restritivas de movementos, localizaron no Polígono de Bértoa, dous talleres que se dedican á confección téxtil, nos que se atopaban trinta traballadoras nunha delas e catorce traballadoras na outra, todas elas sen ningún tipo de protección persoal. Os responsables das empresas manifestan á patrulla que se atopaban cesando a actividade e son informados que se procede a dar conta á Subdelegación do Goberno por ser unha actividade non comprendida entre as denominadas esenciais.