A Garda Civil desaloxou Corme Aldea por un novo incendio que ameazaba as casas | Xaviña, en Camariñas, tamén en nivel 2

Un novo incendio forestal obrigou este martes a desaloxar os veciños da parroquia de Corme Aldea, no municipio de Ponteceso. A Garda Civil informou tamén do corte da estrada autonómica AC-424 por mor das lapas. Segundo a Consellería do Medio Rural, as condicións meteorolóxicas impiden o uso de medios aéreos. O forte vento do nordés supón un risco para o persoal, polo que os traballos céntranse en terra. No operativo participan seis brigadas, catro motobombas, cinco axentes, dúas pas, un técnico e tres unidades técnicas de apoio. O alcalde, José Manuel Mato, advertiu da gravidade da situación e recoñeceu que, polo momento, descoñece o número exacto de persoas desaloxadas. A Xunta activou a situación 2 ás 16:12 horas debido á proximidade das lapas ás vivendas.

Activo Camariñas-Xaviña, Activada Situación 2

Á última hora deste martes permanecía activo un incendio forestal no concello de Camariñas, parroquia de Xaviña, no que se decretou a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ás vivendas, máis concretamente ao núcleo de Pedrouso. O lume iniciouse ás 16.57 horas e afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata ese momento 1 técnico, 3 axentes, 3 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte