A Garda Civil desarticula en Carballo un grupo criminal especializado na subtracción de motocicletas de cros e enduro

A denominada operación escapa2 iniciouse das denuncias interpostas por 3 dos prexudicados en xuño do presente ano nas dependencias oficiais da Garda Civil da localidade, nelas informaban de que tras poñer á venda as súas motocicletas nunha páxina de compra-venda de segunda man na internet, contactaran con eles persoas supostamente interesadas na súa compra.
Unha vez acordado o prezo de venda das mesmas, estas persoas indicábanlles que residían na localidade de Carballo, lugar onde se efectuaría a venda, tras atoparse os supostos compradores solicitaban facer unha proba para verificar o seu estado, aproveitando esta para abandonar o lugar sen abonalas.
No transcurso da investigación, os compoñentes da área de Investigación da Compañía de Carballo corroboraron a existencia de máis prexudicados, utilizando sempre o mesmo modus operandi.
Este consistía en que os presuntos compradores cominaban aos propietarios para trasladarse a un punto da localidade de Carballo, cambiando a mesma no último momento por un punto próximo ao núcleo de vivendas coñecido como “Monte do Carme”.
Unha vez que se atopaban vendedor e comprador, o segundo solicitáballe facer unha proba para verificar o estado da motocicleta, no caso de que o vendedor tivese reticencias, solicitáballe subir á mesma e acendela para escoitar o son do motor, en ambos os casos o resultado era que o suposto comprador emprendía a fuxida do lugar a toda velocidade coa motocicleta en dirección ao citado núcleo de vivendas, perigando en varias ocasións a integridade do vendedor ao tentar deter a marcha.
En caso de acceder algún dos vendedores ao núcleo poboacional coa intención de recuperar o vehículo, sempre se atopaba con algún residente que se ofrecía a tentalo, solicitándolle unha cantidade de diñeiro polas xestións que oscilaba entre os 600 e os 1.500 euros, dándose o paradoxo de que o vendedor tiña que abonar esta cantidade pola motocicleta da súa propiedade, no canto de recibir o importe da venda.
No transcurso da investigación, os gardas civís comprobaron que os titulares dos números de teléfono facilitados polos supostos compradores eran residentes nas provincias de León e Valencia, os cales descoñecían a existencia dos mesmos e o seu uso fraudulento, tentando con iso o grupo criminal dificultar a acción dos investigadores.
Como froito do traballo de campo realizado, os compoñentes da área de investigación lograron a identificación dos supostos compoñentes deste grupo criminal.
A Garda Civil detivo a 5 dos seus membros como supostos autores de 1 delito de estafa, outro de extorsión e un terceiro de pertenza a grupo criminal.
A operación continúa aberta ante a posibilidade de que houbese máis prexudicados.

Related posts

A mostra de cine Amal en Ruta volve a Carballo para achegar a situación do pobo palestino

O BNG acusa ao PP da Xunta de deixadez e inacción para solucionar os asolagamentos da lagoa de Traba de Laxe

A nova campaña de Aceites Abril céntrase, entre outros, no Entroido da parroquia carballesa de Oza