A Garda Civil desmantela en Ordes un importante punto de distribución de drogas sintéticas

O instituto armado comisou unha das maiores partidas de MDMA dos últimos anos en Galicia. En concreto, xunto a 20.000 euros en efectivo, 1.320 pastillas. Foi no marco da operación Mixturas e nunha actuación que culminou coa detención dunha persoa e a incautación dunha das maiores partidas de MDMA e MDA dos últimos anos en Galicia, neutralizando un centro de subministración que abastecía ás comarcas de Ordes e Santiago. A investigación iniciouse grazas á colaboración cidadá, que alertou dunha inusual trasfega de vehículos e a presenza de cheiros compatibles co cultivo de marihuana nunha vivenda unifamiliar. No rexistro xudicial, autorizado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, levado a cabo o 11 de agosto. Os axentes detiveron a unha persoa e localizaron e comisaron unha gran cantidade de substancias estupefacientes como 1.320 pastillas de MDMA (MDA variante), equivalentes a 783 gramos; 390 comprimidos de Viagra ilícita; 53 pastillas e 13,18 gramos en po de anfetamina; 100 gramos de haxix, 2 gramos de LSD e 20 gramos de marihuana. Tamén 1,3 quilos de cogomelos alucinóxenas e 78 gramos de fungos secos. Ademais das drogas, desmantelouse un sistema de cultivo interior con 35 plantas de cánnabis e incautáronse 25 litros de líquidos precursores para a fabricación de drogas sintética. O operativo foi desenvolto conxuntamente polo Posto de Ordes, o Equipo ROCA de Santiago de Compostela, Compañía de Santiago e o Posto de Sigüeiro, coa colaboración da Policía Local de Ordes.

Related posts

O Son do Camiño anuncia un cartel ambicioso para a súa edición de 2026

Desarticulado un grupo criminal dedicado ao furto continuado de cobre e material de obra en Arteixo

A Deputación da Coruña e Orgullo Galego presentan unha nova edición do programa ‘O galego e as redes sociais’