A Garda Civil desmantelou unha festa ilegal en Culleredo

1 minutes read

A Garda Civil do Posto Principal de Culleredo co apoio doutras patrullas do Corpo e a Policía Local da localidade, impediu, na noite do pasado sábado, a celebración dunha festa ilegal na Hermida, Culleredo.

Os feitos ocorreron por mor da colaboración cidadá que alertou da celebración desta festa ilegal, o que propiciou a rápida actuación das forzas da orde impedindo a celebración da mesma.

No lugar congregouse unha multitude de persoas, que se desprazaron ata alí nos seus vehículos, provistos de bebidas e equipos de música.

A Garda Civil identificou a un total de 17 mozos aos que se lles interpuxo denuncias polo incumprimento da normativa vixente sobre medidas sanitarias do Covid.

Así mesmo un dos asistentes foi detido e posto ao dispor do Xulgado de Instrución en funcións de garda da Coruña, ao constarlle unha requisitoria xudicial de procura, detención e comparecencia en vigor.