A Garda Civil detén a un home por un asalto violento a unha muller de 78 anos en Tordoia

O home, natural de Vila de Cruces (Pontevedra), foi detido como presunto autor dun brutal asalto e agresión con arma branca a unha muller de 78 anos na súa vivenda en Tordoia (A Coruña). 

Segundo informa a Benemérita, os feitos ocorreron o pasado 24 de maio, cando co rostro cuberto atacou á muller cun coitelo no seu domicilio, tirándoa ao chan e esixíndolle diñeiro. 

A anciá puxo resistencia, polo que o agresor propicioulle varios cortes nunha man coa arma e púxolle un saco na cabeza.

Logo, o agresor arrastrou a vítima polo pelo e meteuna nunha adega ás escuras para logo fuxir. Ela, que levaba o seu móbil, alertou a un veciño e a un familiar, quen acudiu e a atopou nun estado de gran nerviosismo, con manchas de sangue e hematomas por todo o corpo.

A investigación identificou o vehículo do agresor e a identidade do mesmo. Na operación os axentes localizaron un coitelo con restos de sangue da vítima no vehículo do detido, que foron analizados polo Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro da Universidade de Santiago.

O home será posto á disposición do Xulgado de Garda de Lalín. A investigación segue en proceso no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Ordes.

Related posts

Un colombiano acepta cinco anos de cadea por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba

A Deputación da Coruña apoia á Agrupación de Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 € para material

A Deputación da Coruña dota de novos vehículos a seis entidades sociais da provincia