Os feitos sucederon cando unha patrulla que se atopaba realizando un servizo preventivo de seguridade cidadá en horario nocturno, enmarcado no permanente labor da Garda Civil para garantir a seguridade de persoas e bens, sorprendeu a unha persoa manipulando a liña telefónica que discorre próxima á estrada AC- 400 na localidade de Esmorede, no termo municipal de Santa Comba.
Inmediatamente os gardas civís actuantes abordaron a esta persoa, ao obxecto de coñecer os motivos polos que estaba a manipular o tendido, comprobando que subtraera 120 metros de cable de cobre.
A Garda Civil procedeu á detención deste home, coñecido polas forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole, como suposto autor dun delito de furto e á incautación do cable subtraído.
9