O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión detivo a este home por uns feitos que ocorreron a raíz do incendio acaecido o día 7 de xullo do ano en curso, na zona de Cabo a Nave en Fisterra, calcinando 46,59 hectáreas de monte protexido por Rede Natura 2000 e catalogado como Lugar de Interese Comunitario (LIC), nunha época na que as condicións meteorolóxicas existentes e a orografía do terreo incrementaban exponencialmente o risco de propagación dos mesmos.
No transcurso da investigación, producíronse outros 5 incendios na mesma zona, os días 3 de agosto, 2 e  23 de setembro, 9 e 11 de outubro.
Tras a análise exhaustiva da información solicitada, os gardas civís actuantes lograron a identificación plena do presunto autor do ilícito.
Unha vez coñecida a identidade do presunto responsable, a Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor dun delito de incendio forestal.