A Policía Nacional detivo na Coruña ao «amo» dunha rede que distribuía pornografía infantil

Axentes da Policía Nacional detiveron a nove persoas en varias provincias de España, pola súa implicación nunha rede que, supostamente, se adicaba a intercambiar material de pornografía infantil a través dunha rede de mensaxería. En A Coruña detiveron a un home que se apodaba o «amo», e segundo fontes policiais está considerado como o membro máis perigoso do grupo. Ademais hai catro persoas que están sendo investigadas.

A investigación deste caso comezou hai dous anos, e ao parecer os detidos usaban un chat anónimo e desbotable onde intercambiaban mensaxes que contiñan fotografías de abusos a menores. Estas actividades non deixaban rastro na rede debido a que ademais as mensaxes estaban cifradas. Axentes especializados agruparon diversa información relativa ao uso ilícito que un grupo de persoas facía dese servizo de mensaxería. Nel podíanse crear «salas» ás que se accedía con contrasinal e onde o contido se elimininaba cando un dos participantes saía das mesmas.

Os axentes detiveron a nove persoas e investigan a outras catro en Madrid, Toledo, Zaragoza, Sevilla, Segovia, Tenerife, A Coruña, Badaxoz, Soria e Barcelona.

A Policía Nacional recorda que se se detecta material pedófilo non debe compartirse e pode poñerse en coñecemento de axentes especializados a través do correo denuncias.pornografia.infantil@policia.es.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha