A Garda Civil detivo a dous veciños de Carballo, como presuntos autores dun delito de furto

O Equipo Roca da Garda Civil da Compañía de Carballo, detivo a dous veciños da localidade, o home como presunto autor dun delito de furto e a muller como presunta autora de dous delitos de furto. Os feitos ocorreron nun establecemento comercial de Cee, onde os detidos furtaron dous computadores portátiles e tres videoxogos, regresando ela en datas posteriores ao local furtando nesta ocasión un computador portátil.

A Garda Civil investigou os ilícitos en aras da identificación dos autores, realizando as dilixencias e actuacións pertinentes. A Benemérita constatou que o método utilizado en ambos os casos era a ocultación da mercadoría na vestimenta, obtendo como resultado da investigación a filiación dos responsables.

A Garda Civil procedeu á detención de ambos, el como presunto autor dun delito de furto e ela como presunta autora de dous delitos de furto. Os detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de garda de Corcubión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha