Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta polo Concello nas dependencias oficiais da Garda Civil de Laxe, comunicando que na madrugada do pasado día 10 de marzo autor ou autores descoñecidos accederon ao interior da Escola Municipal de Música e Danza tras romper o cristal dunha xanela, subtraendo do seu interior varios instrumentos musicais e diverso material (micrófonos, caixas de expansión, etc.)
A Garda Civil iniciou unha investigación en aras da identificación plena do autor ou autores do ilícito e a recuperación dos efectos subtraídos. No transcurso da mesma lograron a localización da maior parte dos obxectos subtraídos e a identificación plena dos autores dos feitos. Por iso, procederon á detención destas dúas persoas como presuntos autores dun delito de roubo e á incautación dos efectos localizados, restituíndo os mesmos aos seus lexítimos propietarios. A Garda Civil continúa coa investigación aberta ao obxecto de recuperar os dous efectos non localizados ata o momento.