A Garda Civil do Posto Principal de Carballo detivo a un veciño da localidade, como presunto autor dun delito de lesións. Os feitos ocorreron por mor da agresión sufrida o pasado 24 de xuño por un veciño de Carballo tras recriminarlle ao agora detido a súa actitude por estar a golpear unhas máquinas expendedoras situadas na rúa Vázquez de Parga da localidade. A Garda Civil investigou os feitos en aras de localizar ao presunto agresor, logrando como froito do traballo de campo realizado polos compoñentes da mencionada Unidade, a identificación plena do presunto agresor. A Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunto autor dun delito de lesións, poñéndoo, xunto coas actuacións realizadas ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.
34
