A Garda Civil de Carballo detivo a un veciño da localidade como autor de varios delitos de roubo na vila e tamén na Laracha.
O agora detido e alcumado “O Chacho” é coñecido polas Forzas e Corpos de Seguridade debido aos seus múltiples antecedentes policiais por diferentes delitos da mesma índole.
A Garda Civil sorprendeulle cando se atopaban realizando labores preventivos de seguridade cidadá na localidade, imputándolle un delito de subtracción de vehículo de motor en Carballo, outro delito de subtracción de vehículo de motor en grao tentativa en Carballo, outro delito de atentado a axentes da autoridade e un delito contra a seguridade viaria ao conducir sen carné.
Tras a detención, a Garda Civil realizou as xestións pertinentes pescudando e obtendo as evidencias que relacionaban ao detido coa subtracción dun vehículo e roubo en máquinas vending na Laracha e outro roubo en máquinas vending en Carballo.
O detido xunto coas dilixencias policiais foi posto ao dispor do Xulgado número 2 de Carballo.
50