A Garda Civil detivo a unha veciña de Carballo como presunta autora de dous delitos de roubo

1 minutes read

A Garda Civil de Carballo detivo a unha veciña da localidade, como presunta autora de dous delitos de roubo. Os feitos ocorreron por mor das denuncias interpostas polas vítimas. Na primeira das denuncias o prexudicado comunicaba que autor ou autores descoñecidos accederan ao interior do establecemento que posúe en Coristanco tras forzar a porta de acceso, subtraendo 4 maceteros valorados en 400€. A Garda Civil investigou os feitos en aras de constatar a veracidade dos mesmos, identificar plenamente o autor ou autores dos mesmos e a recuperación dos obxectos subtraídos.

No transcurso da investigación recibiuse a segunda denuncia, na cal a vítima comunicaba que autor ou autores descoñecidos accederan á súa vivenda tras forzar unha xanela accederon ao interior da mesma sita na localidade de Carballo, subtraendo unha bicicleta de montaña e un terminal de telefonía móbil, valorando os efectos subtraídos en 2.100€.

Como froito do traballo de campo realizado, a compoñentes da área de investigación da mencionada unidade solicitaron evidencias que relacionaban a autoría de ambos os ilícitos, logrando tras a análise minuciosa da información obtida a identificación plena da autora dos ilícitos e a recuperación da bicicleta e o terminal de telefonía móbil subtraídos.

A Garda Civil procedeu á detención desta muller como presunta autora de dous delitos de roubo e ao reintegro dos efectos recuperados ao seu lexítimo dono. A detida, xunto coas actuacións realizadas, foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.