A Garda Civil disolve unha festa ilegal en Corme, Ponteceso

1 minutes read
  • Un elevado número de persoas concentrouse nunha nave industrial abandonada para celebrar unha festa tipo ‘rave’

Este sábado axentes da Garda Civil de Ponteceso lograron disolver unha festa ilegal en Corme tras ter coñecemento da convocatoria dunha festa tipo ‘rave’, un evento de música electrónica que por norma xeral dura o todo o día ou noite, e que neste caso ía realizarse nunha nave industrial abandonada da mencionada localidade.

Ao chegar ao lugar dos feitos, as autoridades divisaron un elevado número de participantes, quen ao ver á Garda Civil abandonaron precipitadamente as instalacións.

Os axentes actuantes permaneceron un tempo na nave co obxectivo de evitar unha nova concentración.