A Garda Civil establece un plan de vixilancia especial sobre motoristas na provincia da Coruña

A Garda Civil, a través do Subsector de Tráfico da Coruña, reforzou os dispositivos de vixilancia e control en diversas estradas da provincia co obxectivo de reducir a sinistralidade viaria, especialmente a relacionada cos usuarios de motocicletas.
Estes dispositivos operativos desenvólvense en tramos especialmente frecuentados por motoristas, coñecidos como “roteiros moteiros”, entre os que destacan a AC-840, onde se rexistran sinistros de forma recorrente, a N-6 polo seu trazado sinuoso, así como diversas vías da rede secundaria que discorren pola costa coruñesa.

A actividade operativa céntrase na detección das principais condutas de risco asociadas á sinistralidade de motoristas. Durante a pasada fin de semana, detectáronse numerosos excesos de velocidade, algúns deles próximos a constituír delito contra a seguridade viaria.

Así mesmo, ademais da velocidade, os axentes intensificarán os controis de:

  • Consumo de alcol e drogas
  • Adiantamentos antirregulamentarios
  • Respeto das distancias de seguridade

A vixilancia non se limita unicamente aos motoristas. Tamén se controlará o comportamento do resto de usuarios da vía, especialmente en interseccións, onde se produce un dos sinistros máis habituais: a incorporación indebida de vehículos que non respectan a prioridade de paso da motocicleta.

Related posts

A Área de Igualdade da Deputación da Coruña levou a Mazaricos o proxecto ‘A ditadura é un señor con bigote’

Cerceda reivindica a reindustrialización como fonte de emprego nunha xornada do programa ActivaVerde

O Concello da Baña reforza a iluminación do campo de fútbol municipal