Tras os feitos acontecidos o pasado 21 de abril na localidade de Camariñas, no trascurso das festas da Virxe do Monte e onde se procedeu á detención dun veciño da mesma localidade que estaba a alterar a orde, a Garda Civil iniciou unha investigación da que se puido saber que só o detido agrediu á patrulla e que a súa nai opuxo resistencia ante os mesmos para evitar a detención.
Os feitos tiveron lugar ao redor das 04:20 da mañá cando a Garda Civil foi requirida, mediante chamada telefónica, para mediar nunha pelexa entre un grupo de mozas. Unha vez no lugar dos feitos, púidose saber que a disputa entre as mozas disolveuse, pero observou a un mozo sobre o escenario dunha discoteca móbil alterando a orde.
Por todo iso, a forza actuante solicitou ao mozo que se baixase para ser identificado, pero este emprendeu a fuxida. Unha vez alcanzado pola patrulla, o posteriormente detido emprendeuna a golpes contra a mesma, podendo volver emprender a fuxida.
Cabe destacar que se trataba dun mozo corpulento e con gran agresividade. Seguidamente, a Garda Civil volveo a alcanzar e cando están a piques de proceder á súa detención mediante o engrilletado, a nai do agresor tenta evitar custe o que custe a detención separando á patrulla do seu fillo.
Tras a investigación realizada e a toma de declaracións a numerosas testemuñas, despréndese que, aínda que un tumulto de persoas congregáronse ante os feitos, só o detido actuou de forma violenta ante a forza.
Tamén, nas declaracións coincídese que a patrulla nun primeiro momento tentou dialogar co detido e que sempre fixo o mínimo uso indispensable da forza para proceder á súa inmovilización.
Os compoñentes da patrulla continúan de baixa para o servizo debido as contusións sufridas na actuación.