A Garda Civil incautou 177 litros de augardente en Aranga


A Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil da Compañía da Coruña, comisou 177 litros de augardente, 4 alambiques e 443 precintas fiscais de colleiteiro, no municipio de Aranga.

Os feitos ocorreron por mor das inspeccións realizadas por efectivos desta Unidade nas localidades de Betanzos, Aranga, Irixoa e As Pontes de García Rodríguez, achando no transcurso das mesmas 33 botellas de bebidas derivadas destinadas á venda ao público, con precintas fiscais de colleiteiro, procedendo á súa aprehensión.

A Garda Civil iniciou unha investigación encamiñada á localización e identificación do comercializador destes produtos, dado que as precintas fiscais localizadas unicamente podían proceder dunha destilería. Os efectivos da PAFIF localizaron unha nave industrial no municipio de Aranga, a cal tivera a pertinente licencia para a destilación de bagazo en réxime de colleiteiro, aínda que carecía da mesma na actualidade.

A Garda Civil inspeccionou as instalacións, localizando catro alambiques de 300 litros de capacidade, carentes de precinto e en disposición de ser utilizados, 5 bidóns de plástico ocultos detrás de caixas de viño, os cales contiñan no seu interior 144 litros de augardente e 443 etiquetas fiscais de réxime colleiteiro.

A forza actuante procedeu á incautación dos efectos atopados e á confección das correspondentes actas-denuncia por supostas infraccións á Lei 38/1992 de Impostos Especiais e ao Real Decreto 164/2014 polo que se establecen as normas para a produción, designación, presentación e etiquetaxe de bebidas espirituosas.

Os bidóns, as botellas e precintas fiscais foron depositadas nas instalacións da Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais da Coruña, os alambiques foron precintados na súa localización ao dispor da Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais da Coruña.