A Garda Civil incautou 67 quilos de polbo en Camariñas

O Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña comisou 67,3 quilos de polbo en Camariñas. Os feitos sucederon cando efectivos da mencionada unidade, no marco dun operativo contra o furtivismo detectaron a unha embarcación arribar no porto camariñán, descargando dous capachos e introducíndoos directamente nunha furgoneta sen pasar pola lonxa.

A forza actuante deu o alto á mencionada furgoneta cando se dispoñía a abandonar o porto, observando no interior do vehículo os dous capachos cos 67,3 quilos de polbo, ao parecer, valorado en 1.800 euros.

A Garda Civil procedeu á confección das pertinentes denuncias por supostas infraccións á Lei de Pesca de Galicia (transporte de produtos de pesca sen a documentación regulamentaria, incumprimento das normas da pesada antes da primeira venda, incumprimento dos topes da captura e pola captura e desembarque de especies de talla ou peso inferior ao regulamentario) e ao comiso das capturas.

Unha parte do polbo incautado (37,65 quilos) foron reintegrados ao mar ao atoparse vivo e o resto da captura foi entregada no Centro Benéfico Padre Rubinos da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha